A Asociación Párkinson Galicia-Coruña é unha entidade sen ánimo de lucro formada no ano 1996, por un grupo de persoas enfermas de Párkinson e familiares na cidade de A Coruña, co propósito de mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por dita enfermidade e favorecer a súa integración na vida familiar, social e laboral
Logrando varios éxitos nos seus anos de andadura, podemos destacar que no ano 2012 resólvese favorablemente a inscrición no Rexistro de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia e en decembro de 2015 foi declarada de Utilidade Pública pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; sendo esta certificación un claro exemplo de calidade e transparencia.
MISIÓN
Apoiar ás persoas con Párkinson e familiares e coidadores/as para mellorar a calidade de vida mediante:
- Información e asesoramento
- Terapias rehabilitadoras específicas e asumibles
- Sensibilización á sociedade
VISIÓN
Queremos ser unha asociación de referencia, pola súa profesionalidade, que impulse a coordinación de todas as asociacións de Párkinson galegas, para conseguir chegar o maior numero posible de enfermos/as de Párkinson e poder mellorar así a súa calidade de vida e a dos seus respectivos/as familiares e coidadores/as
VALORES
- Profesionalidade
- Sensibilidade
- Mellora continua
- Empatía
- Seriedade
- Compromiso
- Cariño
- Igualdade
- Solidariedade
- Calidade en servizos
OBXECTIVOS
- Prestar unha atención integral ás persoas afectas pola enfermidade de Párkinson e as súas familiares e/ou coidadores/as.
- Orientar e asesorar ás persoas enfermas de Párkinson e familiares sobre as características da enfermidade e como levala día a día.
- Intervir na defensa dos intereses e dereitos das persoas afectadas polas enfermidade de Párkinson ante toda a clase de persoas e entidades públicas ou privadas.
- Auspiciar na investigación e determinación das causas da enfermidade, o seu tratamento e prevención.
- Desenvolver campañas educativas e sensibilizadoras a favor da persoa enferma de Párkinson.
Dende a nosa asociación fomentamos o tratamento integral da persoa afectada de Párkinson, partindo de que cada paciente é diferente e que a enfermidade avanza dunha maneira distinta en cada persoa, ofrecemos os seguintes servizos para atender a persoas afectadas, familiares e persoas coidadoras:
- Información e asesoramento: facilitamos información sobre a enfermidade tanto a afectados como familiares e/ou coidadores/as e a calquera persoa que o demande, así como tamén ofrecemos información sobre o funcionamento das actividades que se levan a cabo dende a asociación
- Servizo de rehabilitación: destinado a mellorar a calidade de vida. dentro destes servizos inclúese a fisioterapia (grupal, individual e a domicilio), pilates, estiramentos e relaxación técnicas de relaxación, logopedia (grupal e individual) , estimulación cognitiva, escritura, psicoloxía sanitaria, traballo social.
- Formación o Párkinson é unha patoloxía que conta con unha
sintomatoloxía moi variada, polo que resulta de grande utilizade ter unha formación sobre ela e unha serie de pautas que axuden tanto á propia persoa afectada como aos seus familiares a que a enfermidade teña o menor impacto posible na súa vida.
- Área de voluntariado: é un recurso moi importante dentro da nosa entidade que permite poder proporcionar á persoa enferma e familia, unha mellor calidade de vida. As persoas voluntarias participan en diferentes programas como son: acompañamento, lecer e tempo libre, sensibilización e divulgación informativo, apoio e colaboración...
- Lecer e tempo libre: dende a asociación lévanse a cabo diferentes programas e actividades de lecer e tempo libre tanto coas persoas enfermas como cos seus familiares de xeito conxunto. Algunhas das actividades que se realizan son as seguintes: concertos, teatro, camiñatas, visitas a instalacións e museos, comida de Nadal...
- Difusión e sensibilización: a nosa asociación ten como fin estatuario dar a coñecer a enfermidade á cidadanía, entidades públicas e/ou privadas, profesionais, persoas enfermas e familias. Esta difusión lévase a cabo mediante a páxina web, redes sociais, memoria anual, actividades, organización de eventos e campañas, etc.
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación