O alumnado procedente de Vigo, Porriño, Mos, Salvaterra e Tui, participa nesta formación que se enmarca dentro do programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Obra Social “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo.
A idea de crear o blog xurde tralo confinamento, onde as persoas usuarias do proxecto realizaban chamadas grupais para falar das súas inquedanzas.
O convenio serve para apoiar un programa de atención a persoas con discapacidade no concello de Narón, especialmente as que se atopan en situación de risco.
As medidas de seguridade tomadas na desescalada están a provocar problemas de mobilidade en espazos públicos, ocasionados por longas ringleiras de acceso a establecementos, a separación entre mesas das terrazas e a distancia de seguridade entre persoas..
A Asociación de Persoas con Discapacidade de Valdeorras retomará os servizos de fisioterapia, pilates e os cursos que xa iniciara durante este ano.
Dende a Organización consideran necesario que estas propostas sexan incluídas nos programas electorais de todas as formacións políticas, para garantir os dereitos e a inclusión das persoas con discapacidade.
Un total de 17 docentes asistiron a esta primeira clase que pretende formar sobre a diversidade nas aulas.
O Presidente de COGAMI e a Presidenta de ACADAR reuníronse por videoconferencia co Vicepresidente da Xunta co fin de achegar posturas para tratar de mellorar a calidade de vida das mulleres con discapacidade
ACADAR desenvolve esta iniciativa en Galicia grazas ao convenio establecido entre Fundación ”la Caixa” e COCEMFE.
Esta formación é unha das accións do programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Obra Social “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo.