ORIXE:
ASEARPO constituiuse legalmente coma asociación sen ánimo de lucro no ano 2013 e está dirixida ás persoas da provincia de Pontevedra que padecen Artrite Reumatoide, Artrite Psoriásica, Artrite Idiopática Xuvenil (AIX) e Espondiloartritis, marcándonos coma obxectivo a mellora da calidade de vida do paciente, pero ao mesmo tempo ofrecéndolle a el e ao seu entorno familiar, orientación, apoio, información e asesoramento.
OBXECTIVOS:
- Velar polas persoas con artrite reumatoide e enfermidades afíns, con ou sin discapacidade física e orgánica, desde un punto de vista sanitario, social, laboral e familiar, orientándolle e facilitándolle información, documentación e asesoramento de interese.
- Elevar aos poderes públicos cantas peticións, estudos e suxestións se consideren oportunas para a satisfacción dos intereses das persoas con artrite reumatoide e enfermidades afíns, con ou sin discapacidade orgánica.
- Fomentar a educación e formación integral das persoas con artrite reumatoide e enfermidades afíns.
- Promover o acceso ao pleno emprego das persoas usuarias.
- Informar á opinión pública e ós medios de comunicación social das necesidades e aspiracións das persoas con artrite reumatoide e enfermidades afíns.
ÁMBITO DE ACTUACIÓN
A actuación social da Asociación Enfermos de Artrite Pontevedra queda circunscrita ó ámbito territorial da provincia de Pontevedra e a Comunidade Autónoma de Galicia.
Para o cumprimento dos fins da Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra, realízanse as seguintes actividades:
- Servizo personalizado e profesionalizado que atenda ás demandas das persoas con artrite reumatoide e enfermidades afíns.
- Prestar especial atención ás familias, así como os colectivos menos favorecidos, mulleres, demandantes de emprego, infancia, xuventude e terceira idade.
- Propiciar investigacións, estudos e publicacións sobre a artrite reumatoide e enfermidades afíns.
- Organizar e participar en actividades deportivas, culturais e de ocio e tempo libre adaptadas ás necesidades de nenos e nenas con artrite reumatoide.
- Dar a coñecer as necesidades destas persoas e realizar propostas para lograr un bo funcionamento do Servizo Público Sanitario en canto ás persoas con artrite reumatoide
En concreto, as actividades que se realizan, son:

- Información, orientación e apoio. Facilitar información veraz sobre a artrite, intentando resolver dúbidas e orientar sobre a convivencia ca enfermidade, así como obradoiros informativos con médicos de diferentes especialidades, fisioterapeutas, psicólogos, etc.
- Sensibilización e divulgación. Difundir a existencia desta enfermidade con charlas informativas, prensa, xornadas, etc.
- Actividades socioculturais e de saúde. Saídas terapéuticas a balnearios, saídas culturais e práctica de algún deporte de maneira suave.
- Servizo xurídico.
- Servizo de fisioterapia.
- Atención Psicoterapéutica.
Centro cultural multiusos piñeiral do Crego
Piñeiral do Crego, s/n
CHAPELA – 36320 Redondela
PONTEVEDRA
Email: info@asearpo.org
Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación
- Movemento Asociativo
- 01 de octubre de 2022
O día 1 de outubro, diversos edificios públicos e monumentos iluminaranse de cor verde.
- Sensibilización
- 21 de octubre de 2017
Xornadas informativas con diferentes temas relacionados coa artrite
- Lecer
- 08 de julio de 2017