Incorpora diríxese a persoas con discapacidade, parados de longa duración, ex reclusos, mocidade en situación de vulnerabilidade, inmigrantes e vítimas de violencia de xénero, entre outros colectivos.
Dirixido a persoas con discapacidade, este curso que financia a Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo, pretende ser unha oportunidade de inserción laboral.
As asistentes participaron no programa Activando o Rural, que financiou o Parlamento de Galicia, e no que se pretendeu que as propias mulleres confiaran en si mesmas.
Persoas con discapacidade que forman parte do programa `PARTICIPA coa dis-CAPACIDAD´, gravan as súas cualificacións e competencias en formato de vídeo co fin de poder optar a unha oferta de traballo.
Forma parte da campaña de COCEMFE Nacional "#AccesibilidadYA" que contempla a celebración de 35 concentracións simultáneas en cidades de todo o territorio español.
A Xanela participou tanto a través de pintura, como na elaboración de traballos de gancho e graffitis.
Financiado polo concello de Vigo, este programa desenvolveuse durante cinco meses e permitiu unha mellora da calidade de vida das persoas participantes.
Esta xornada, ademais de ser deportiva, é un encontro para crear lazos de amizade entre persoas usuarias de diferentes entidades.
Os cursos, financiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, son de Operacións de gravación e tratamento de datos, Operacións auxiliares de servizos administrativos e Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
Esta actividade, que financia a Deputación de Pontevedra e apoia Fundación la Caixa, púxoa en marcha a Federación COGAMI Pontevedra a través do servizo de Atención integral ás persoas con discapacidade da provincia de Pontevedra.
Financiado pola Deputación de A Coruña, este programa de termalismo leva máis de once anos en activo, contando con máis de 200 participantes.
Dende o seu inicio, máis de 30 persoas pasaron por esta aula durante un día á semana para actualizar e difundir os seus curriculums polas plataformas dixitais.