O programa Autonomía+ de COGAMI exhibiu produtos de apoio personalizados elaborados con impresión 3D e recibiu o 3º Premio á Innovación Social grazas ao apoio do público.
Álvaro García, coordinador do servizo de Accesibilidade, denunciou nunha xornada sobre o futuro do transporte en Galicia as dificultades que afrontan diariamente as persoas usuarias de cadeira de rodas para desprazarse con autonomía.
Mesas informativas, actos institucionais e actividades de sensibilización.
As entidades AGL e ADALIPE celebran unha sentenza pioneira que obriga ao Sergas a asumir unha cirurxía por lipedema. “O lipedema non é obesidade nin un problema estético”, subliñan.
Encarna Lago foi a principal impulsora da colaboración da Rede Museística Provincial de Lugo con COGAMI, comprometida coa accesibilidade e coa inclusión cultural dende que se creou este organismo.
A formación, de nivel 2 e con prácticas en empresas da comarca, ofrece 15 prazas e capacita para obter o certificado de profesionalidade ADGG0208.
Participaron 10 entidades membro e os centros de atención diúrna de COGAMI en Mos e Monteporreiro, sumando un total de 155 persoas nos obradoiros impartidos.
A Asociación Galega de Linfedema (AGL) apoia o reto solidario da entidade francesa análoga AVML que realiza o Camiño a favor das nenas e nenos con linfedema.
A entidade participou nesta iniciativa impulsada polo Concello de Ames para visibilizar a inclusión laboral e combater os prexuízos arredor da discapacidade.
O programa desenvólvese en A Estrada, Pontecesures, Santiago de Compostela, Xinzo de Limia e Ourense, con accións grupais e atención individual para promover a igualdade, a participación social e a prevención da violencia de xénero.
A través deste programa benefícianse 2 persoas con esclerose múltiple que reciben, ademais de atención social, asesoramento e intervención.
Durante a visita experimentaron o contacto directo coas persoas usuarias e profesionais do centro e participaron nos obradoiros que se desenvolven.