Listado de Noticias

COGAMI inicia curso en Ferrol no que se forman quince persoas con discapacidade como administrativas

COGAMI inicia curso en Ferrol no que se forman quince persoas con discapacidade como administrativas

Esta formación está financiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

O 70% das persoas que forman parte da rede de voluntariado de COGAMI ten discapacidade

O 70% das persoas que forman parte da rede de voluntariado de COGAMI ten discapacidade

A campaña Somos COGAMI, lanzada este ano, pon o foco no mes de novembro nas persoas con discapacidade voluntarias que colaboran en actividades educativas, de rehabilitación, de lecer ou de sensibilización.

O movemento asociativo de COGAMI fórmase no novo baremo da discapacidade

O movemento asociativo de COGAMI fórmase no novo baremo da discapacidade

COGAMI organizou un seminario para explicar os cambios da Lei 8/2021, de 2 de xuño, sobre medidas de apoio a persoas con discapacidade e a implantación do novo baremo da discapacidade iniciado no mes de abril.

COGAMI recibe a visita da Alcaldesa e da Concelleira de Benestar do Concello de Narón

COGAMI recibe a visita da Alcaldesa e da Concelleira de Benestar do Concello de Narón

As representantes municipais xunto a representantes de COGAMI acordaron trazar liñas de colaboración a favor da mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade.

Un Programa Integrado de Emprego de COGAMI remata coa inserción do 74% de participantes

Un Programa Integrado de Emprego de COGAMI remata coa inserción do 74% de participantes

No programa participaron 131 persoas, 76 homes e 55 mulleres, a metade destas procedentes dende concellos de ámbito rural.

COGAMI informa e sensibiliza sobre actividades de voluntariado a futuros docentes de educación primaria

COGAMI informa e sensibiliza sobre actividades de voluntariado a futuros docentes de educación primaria

Un grupo formado por 13 estudantes do Campus de Lugo da USC visitaron as instalacións que COGAMI ten en Fingoi

COGAMI achega disciplinas artísticas ás persoas con discapacidade a través do programa EnRedArte

COGAMI achega disciplinas artísticas ás persoas con discapacidade a través do programa EnRedArte

Nesta edición participan máis de sesenta persoas en obradoiros de expresión corporal, talla de cristal e teatro.

AODEMPER organiza o seu plan de actividades para o terceiro trimestre de ano
  • Novas
  • 24 de octubre de 2023

AODEMPER organiza o seu plan de actividades para o terceiro trimestre de ano

As actividades desenvolveranse os meses de outubro, novembro e decembro e están dirixidas a persoas con esclerose múltiple, parkinson e enfermidades raras asociadas á entidade.

COGAMI sensibiliza ao alumnado do IES O Couto de Ourense sobre a discapacidade
  • Novas
  • 23 de octubre de 2023

COGAMI sensibiliza ao alumnado do IES O Couto de Ourense sobre a discapacidade

Esta charla contou coa participación dunha persoa voluntaria de COGAMI quen explicou o seu día a día como persoa usuaria de cadeira de rodas

Entidades europeas visitan COGAMI para falar sobre educación inclusiva en alumnado con discapacidade
  • Novas
  • 20 de octubre de 2023

Entidades europeas visitan COGAMI para falar sobre educación inclusiva en alumnado con discapacidade

Representantes de entidades da discapacidade de Hungría, Eslovenia, Chipre, Francia e Bélxica estarán dous días en Santiago para crear conciencia sobre a educación inclusiva e empoderar ao estudantado con discapacidade durante este proceso.

Un convenio entre COGAMI e Política Social beneficia a máis de vinte sete mil persoas con discapacidade
  • Novas
  • 19 de octubre de 2023

Un convenio entre COGAMI e Política Social beneficia a máis de vinte sete mil persoas con discapacidade

Denominado APDF, a través deste convenio desenvólvese un programa de atención a persoas con discapacidade e familias ademais do mantemento de COGAMI e entidades membro.

O Concello de Narón e COGAMI asinan convenio de colaboración en apoio da inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade
  • Novas
  • 18 de octubre de 2023

O Concello de Narón e COGAMI asinan convenio de colaboración en apoio da inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade

O 25% das persoas inscritas na base de datos de COGAMI da comarca de Ferrolterra proceden do Concello de Narón.