Listado de Noticias

COGAMI e FEMXA renovan colaboración para impulsar a formación online orientada ao emprego

COGAMI e FEMXA renovan colaboración para impulsar a formación online orientada ao emprego

Por terceiro ano consecutivo colaboran ofrecendo unha oferta formativa en liña centrada en áreas con alta demanda laboral.

Sete novas patoloxías incorpóranse á xubilación anticipada

Sete novas patoloxías incorpóranse á xubilación anticipada

Tras unha análise compartida por todo o movemento asociativo de COCEMFE, enviouse o pasado mes de xullo ao Goberno estatal 14 informes para solicitar a ampliación da xubilación anticipada a novas patoloxías.

Máis de 670 persoas formadas en COGAMI nos 66 cursos impartidos en 2025

Máis de 670 persoas formadas en COGAMI nos 66 cursos impartidos en 2025

O 40% das persoas que se formaron lograron a inserción no mercado laboral, reforzando a conexión entre capacitación profesional e demandas do tecido empresarial.

COGAMI participa en Lugo no proxecto inclusivo AROS da Fundación Breogán a través do deporte

COGAMI participa en Lugo no proxecto inclusivo AROS da Fundación Breogán a través do deporte

A iniciativa promove unha atención integral centrada na persoa, reforzando a inclusión social, a vida independente e o benestar das persoas participantes.

A entidade Ambar expón en Betanzos a mostra de gravados ACOTÍO

A entidade Ambar expón en Betanzos a mostra de gravados ACOTÍO

A mostra exponse na Fundación CIEC e reúne oito pezas de punta seca realizadas por persoas usuarias da entidade.

COGAMI reforza a accesibilidade universal en Galicia con máis de 110 actuacións técnicas e formativas

COGAMI reforza a accesibilidade universal en Galicia con máis de 110 actuacións técnicas e formativas

Ao longo do último ano resolvéronse consultas, intervencións, proxectos estratéxicos e accións formativas en colaboración con administracións públicas, empresas e centros educativos.

O proxecto eDUinclusivA de COGAMI chegou a 138 centros educativos galegos en 2025

O proxecto eDUinclusivA de COGAMI chegou a 138 centros educativos galegos en 2025

En colaboración con COCEMFE, formouse a máis de 550 docentes, sensibilizou alumnado de todas as etapas educativas e apoiou familias e profesorado para garantir unha educación sen barreiras.

Accede Social, de COGAMI Empresarial, impulsa a sostibilidade do transporte co apoio do programa de transformación de frota

Accede Social, de COGAMI Empresarial, impulsa a sostibilidade do transporte co apoio do programa de transformación de frota

Accede Social, a empresa de transporte accesible vinculada ao grupo COGAMI Empresarial, foi confirmada como beneficiaria do Programa de Axudas á transformación de frota de viaxeiros e mercadorías, unha iniciativa de ámbito estatal que ten como obxectivo modernizar e facer máis sostible o parque móbil do transporte por carretera en España.

A asociación Algaria denuncia o abandono do servizo 065 na provincia de Ourense

A asociación Algaria denuncia o abandono do servizo 065 na provincia de Ourense

A asociación alerta da denegación reiterada do transporte a persoas con mobilidade reducida por falta de medios dende o pasado outono.

O programa de atención social, asesoramento e intervención de Acem Coruña beneficiou a 20 persoas con esclerose múltiple

O programa de atención social, asesoramento e intervención de Acem Coruña beneficiou a 20 persoas con esclerose múltiple

O programa contou coa financiación dos fondos do 0,7% do IRPF procedentes das persoas que marcaron o recadro 106 de Actividades de Interese Social cando presentaron a declaración da renda e que xestiona a Xunta de Galicia.

Alcer Coruña consolida en 2025 os grupos do programa “Tardes con Alcer” para persoas con enfermidade renal crónica

Alcer Coruña consolida en 2025 os grupos do programa “Tardes con Alcer” para persoas con enfermidade renal crónica

Estas xuntanzas mensuais, realizadas nas delegacións da A Coruña, Ferrol e Santiago, favorecen o apoio mutuo e o intercambio de experiencias tras o diagnóstico.

COGAMI recibe un recoñecemento de calidade de Erasmus+ polo seu impacto transformador

COGAMI recibe un recoñecemento de calidade de Erasmus+ polo seu impacto transformador

O proxecto europeo Easy Gardening, desenvolvido no centro de atención diúrna de Mos, destaca pola súa aposta pola inclusión, a formación e o medio ambiente a través da xardinería ecolóxica.