A visita do Delegado do Goberno en Galicia ás instalacións de Coregal puxo en valor o papel da economía social como motor de inclusión, emprego e sustentabilidade, nun encontro no que COGAMI Empresarial destacou a necesidade de seguir reforzando este modelo empresarial centrado nas persoas.
A xerente de Coregal, Beatriz González, participou no programa de Radio Voz para compartir a traxectoria desta empresa de economía social e o seu compromiso coa sustentabilidade e a inclusión laboral.
COGAMI Empresarial estivo presente nun encontro clave sobre emprego inclusivo en Galicia, no que se abordaron os principais retos e oportunidades para garantir a igualdade de oportunidades no acceso ao emprego das persoas con discapacidade.
COGAMI Empresarial reforza o seu compromiso coa igualdade e o benestar laboral a través de novas accións formativas en Dixardín e Hornos de Lamastelle, centradas na prevención do acoso, a xestión da diversidade e a comunicación respectuosa.
COGAMI Empresarial reforza en Expomunicipal o seu papel como aliado estratéxico dos Concellos e das Administracións locais, poñendo en valor un modelo baseado na Economía Social, a sostibilidade e a xeración de impacto positivo no territorio.
COGAMI Empresarial desenvolveu obradoiros participativos para analizar e mellorar o proceso de acollida das persoas que se incorporan á Organización. A iniciativa, enmarcada nun proxecto cofinanciado por CEPES a través do Fondo Social Europeo, permitiu identificar retos e propoñer novas ferramentas para facer a incorporación máis acompañada, accesible e centrada nas persoas.
Coregal participou na VII Semana da Economía Social da USC, onde se presentou o Informe da Economía Social en Galicia e se destacou o crecemento do sector e a súa capacidade para xerar emprego inclusivo e de calidade en toda Galicia.
COGAMI Empresarial renova o seu compromiso coa sostibilidade ambiental tras recibir a inscrición no Rexistro de Pegada de Carbono do MITECO correspondente a 2024. O grupo continúa avanzando na medición e redución do seu impacto ambiental.
A colaboración entre Coregal e o Concello de Santiago de Compostela continúa a dar resultados positivos na mellora da recollida selectiva de cartón, cun incremento sostido das cantidades xestionadas a través deste servizo nos últimos cinco anos.
COGAMI Empresarial participou na xornada “As sinerxías nos sectores específicos da economía social”, organizada por CEGASAL no CEGADI, un encontro concibido como un espazo de intercambio, networking e xeración de sinerxías entre entidades da economía social de Galicia.
O xerente de Hornos de Lamastelle, Manuel Santos, participou recentemente no programa La Revista da Radio Galega, onde compartiu a traxectoria da empresa: como naceu o proxecto, onde se atopa na actualidade e cales son os seus retos de futuro.