Accede Social, a empresa de transporte accesible vinculada ao grupo COGAMI Empresarial, foi confirmada como beneficiaria do Programa de Axudas á transformación de frota de viaxeiros e mercadorías, unha iniciativa de ámbito estatal que ten como obxectivo modernizar e facer máis sostible o parque móbil do transporte por carretera en España.
COGAMI Empresarial participou na I Feira de Empreendemento e de Apoio ao Emprego “IMPULSA-T | UDC TALENTO”, organizada pola Universidade da Coruña (UDC). O evento reuniu entidades, empresas e persoas emprendedoras co obxectivo de fomentar o emprego e o emprendemento entre o estudantado universitario.
O 35 aniversario de COGAMI non só foi un fito para a organización, senón tamén un momento de encontro e recoñecemento co tecido empresarial galego. Moitas empresas quixeron sumarse a esta celebración, mostrando o seu compromiso coa inclusión e a responsabilidade social.
No marco da celebración do 35º Aniversario de COGAMI, que tivo lugar o pasado 17 de outubro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, entregáronse os Premios COGAMI 2025. Estes galardóns recoñecen o labor de persoas, entidades e empresas que contribúen de maneira activa á construción dunha sociedade máis inclusiva.
Traballadoras e traballadores de Accede, Coregal, Hornos de Lamastelle e Grafinco participaron recentemente nunha formación práctica e especializada sobre Condución Segura e Eficiente, unha acción que forma parte da estratexia ambiental e de seguridade de COGAMI Empresarial.
Nun momento no que se fala cada vez máis da saúde mental no traballo e da necesidade de crear contornas laborais máis humanas, COGAMI Empresarial dá un paso pioneiro coa posta en marcha da figura da Persoa Áncora. Trátase dunha nova iniciativa liderada pola área de Recursos Humanos que busca poñer no centro ás persoas traballadoras, escoitar as súas necesidades e mellorar o seu benestar día a día.
En COGAMI Empresarial seguimos dando pasos firmes cara á defensa dos dereitos e a dignidade das persoas que forman parte dos nosos equipos. Neste camiño, vimos de asinar un novo Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso, cun claro obxectivo: previr, detectar e actuar ante calquera situación de acoso ou discriminación no ámbito laboral.
En COGAMI Empresarial seguimos avanzando na dixitalización e na visibilización das nosas iniciativas empresariais. Por iso, lanzamos a nova páxina web de Integratex, un espazo renovado e accesible onde poderás coñecer en detalle toda a actividade desta proposta empresarial centrada na venda de roupa, calzado e complementos.
COGAMI Empresarial tivo o pracer de recibir a visita dunha delegación da FAAM (Federación Almeriense de Asociaciones de Personas con Discapacidad). O obxectivo desta visita foi coñecer de primeira man algunhas das iniciativas que COGAMI impulsa no ámbito da economía social, así como o funcionamento diario dos nosos centros especiais de emprego de iniciativa social.