Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra

Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra

  • Dirección: Camilo Veiga, 44, bajo
  • Código Postal: 36208
  • Localidade: Vigo
  • Provincia: Pontevedra
  • Correo electrónico: avempovigo@hotmail.com
  • Teléfono: 986 298 865
  • Teléfono móbil: 685 113 398
  • Páxina Web: www.avempo.org

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO), nada en outubro de 1996, é unha entidade sen ánimo de lucro que ten por obxetivos axudar, informar e mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de Esclerose Múltiple e o seu entorno. 

Como socias de Avempo, todas as persoas afectadas de Esclerose Múltiple da provincia contan cun espazo onde centrar a búsqueda de solucións e compartir as súas preocupacións con outras persoas coa mesma enfermidade.

Na sede da asociación, eixe da nosa labor, todos os socios e socias que o precisan e desexan poden obter información e beneficiarse dos servizos que ofrece Avempo: fisioterapia, logopedia, psicoloxía, terapia ocupacional, traballo social, ioga, pilates, pintura e meditación.

 

OBXECTIVOS

Os obxectivos que persegue AVEMPO son:

  • Apoiar tanto a agrupación de todas as persoas afectadas pola Esclerose Múltiple e os seus familiares como de enfermidades similares que vivan na provincia de Pontevedra, para poder traballar de forma coordinada na consecución dos seus obxectivos.
  • Sensibilizar a opinión pública e as Administracións dos problemas de curación, tratamento e prevención destas enfermidades.
  • Facilitar información sobre estas enfermidades ós pacientes e ós seus familiares co fin de conseguir un mellor coñecemento e implicacións das mesmas.
  • Potenciar todos os canles de información e sistema de axuda para as persoas asociadas a fin de proporcionar a integración social dos mesmos.
  • Estimular e promover a investigación científica destas enfermidades.
  • Cooperar con outras entidades que teñan a mesma finalidade.

 

AVEMPO ofrece diferentes servizos ás persoas afectadas de Esclerose Múltiple co fin de mellorar a súa calidade de vida:

 

ATENCIÓN SOCIAL

A esclerose múltiple afecta a diferentes niveis (físico, psicolóxico, social…) e, por este motivo, é necesario traballar co paciente dende unha perspectiva interdisciplinar. O Servizo de Atención Social de Avempo actúa como porta de entrada da nosa asociación e conexión co el resto de departamentos que a integran.

Debido aos constantes cambios que pode ocasionar a enfermidada, dende traballo social, préstase apoio á persoa afectada e ó seu entorno, a través de técnicas e recursos que lles axudan coas nuevas situacións que poidan ir xurdindo no proceso.

Máis información sobre o servizo: https://avempo.org/atencion-social/

REHABILITACIÓN FISIOTERAPÉUTICA

O Servizo de Rehabilitación Fisioterapéutica de Avempo, dentro dun plantexamento interdisciplinar, axuda a mantener o mellor estado funcional posible das persoas afectadas de Esclerose Múltiple.

É recomendable iniciar a rehabilitación canto antes para frenar o avance da enfermidade e educar ao paciente y ó su entorno na abordaxe dos diferentes síntomas que poden aparecen coa Esclerose Múltiple. Deste modo, pódese retrasar a aparición da discapacidade e maximizar a autonomía das persoas afectadas.

Máis información sobre o servizo: https://avempo.org/rehabilitacion-fisioterapeutica/

LOGOPEDIA

O Servizo de Logopedia de Avempo ten como obxectivo principal facilitar a comunicación das persoas afectadas por Esclerose Múltiple, ademáis de tratar e ayudar a previr as posibles dificultades deglutorias que estas poidan ter. Para iso lévase a cabo a evaluación e rehabilitación das alteracións respiratorias, articulatorias e deglutorias.

Máis información sobre o servizo: https://avempo.org/logopedia/

TERAPIA OCUPACIONAL

O Servizo de Terapia Ocupacional de Avempo ten como obxectivo principal crear e facilitar as oportunidades necesarias co obxecto de alcanzar a máxima participación nas actividades importantes para a persoa; mellorando así a súa funcionalidade, autonomía e calidade de vida.

A Esclerose Múltiple pode xerar dificultades na xestión da ocupación das persoas afectadas. O conxunto de síntomas que afectan a cada usuario, en interacción cun entorno que no sempre é favorable, podría ocasionarlle problemas para a participación nas actividades diarias; perxudicando as Actividades de la Vida Diaria (AVD), Actividades Instrumentais de la Vida Diaria (AIVD), descanso e soño, educación, traballo, xogo, lecer ou participación social.

Máis información sobre o servizo: https://avempo.org/terapia-ocupacional/

 

ATENCIÓN PSICOLÓXICA


O Servizo de Atención Psicolóxica de Avempo ten como función principal servir de guía e apoio no proceso de adaptación e aceptación da enfermidade, tanto das persoas afectadas de Esclerose Múltiple como do seu entorno. O seu obxectivo fundamental é alcanzar unha mellor saúde mental a través do cambio comportamental.

Máis información sobre o servizo: https://avempo.org/atencion-psicologica/

 

OBRADOIRO DE ARTESANÍA


O obradoiro de artesanía é un punto de encontro para persoas afectadas de Esclerose Múltiple que axuda a socializar de forma distendida e crear vínculos mási estreitos, a través da realización de materiais solidarios que posteriormente serven para recadar fondos para a asociación.

 

 

Dirección: Rúa Camilo Veiga, 44 Bajo 36208. Bouzas. Vigo. 

Teléfono:  986 29 88 65 – 685 11 33 98

E-mail: avempovigo@hotmail.com

Facebook: www.facebook.com/avempo

Twitter: www.twitter.com/avempo

Instagram: https://www.instagram.com/avempovigo/

Web: www.avempo.org

 

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

 

AVEMPO organiza a X Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple

AVEMPO organiza a X Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple

AVEMPO organiza o X 'Eu Móvome pola Esclerose Múltiple' o 30 de outubro na alameda de Bouzas (Vigo) e do 22 ao 30 de outubro de forma virtual

AVEMPO organiza xornada 'Falemos sen tabús' sobre a esclerose múltiple

AVEMPO organiza xornada 'Falemos sen tabús' sobre a esclerose múltiple

A xornada abordará a realidade da Eesclerose múltiple deixando a un lado os tabúes e prexuizos que rodean a enfermidade. Divídese en catro bloques: saúde mental, discapacidade e incapacidade, dudas sobre a esclerose múltiple e sexo.

AVEMPO organiza a andaina CaminEMos pola esclerose múltiple en Vigo

AVEMPO organiza a andaina CaminEMos pola esclerose múltiple en Vigo

A campaña 'CaminEMos por la Esclerosis Múltiple' aterriza en Vigo o vindeiro sábado 17 de setembro da man de AVEMPO , que realizará dous percorridos na cidade para concienciar sobre a esclerose múltiple.

AVEMPO celebra a quinta edición da campaña solidaria ‘Móllate’ pola Esclerose Múltiple na praia de Samil

AVEMPO celebra a quinta edición da campaña solidaria ‘Móllate’ pola Esclerose Múltiple na praia de Samil

A Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) organiza a versión galega da campaña ‘Mójate por la Esclerosis Múltiple’ que se celebra en máis de 900 praias e piscinas de España

Charla sobre nutrición para persoas con enfermidades neurodexenerativas

Charla sobre nutrición para persoas con enfermidades neurodexenerativas

AVEMPO organiza a charla informativa ‘¿Existe a dieta perfecta?’ coa nutricionista Lucia Terzi, para persoas con enfermidades neurodexenerativas. Poderá seguirse presencial no restaurante Terrabowls (Vigo) e online, previa inscripción.