Asociación Galega de Persoas Amputadas

Asociación Galega de Persoas Amputadas

  • Dirección: Rúa Manuel María. Nº 6
  • Código Postal: 15704
  • Localidade: Santiago de Compostela
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: info@agapa.gal
  • Teléfono: 618 97 82 54
  • Teléfono móbil: 639 073 156

ORIXE:

Somos unha asociación de persoas amputadas de ámbito nacional sen ánimo de lucro, fundada no ano 2021 por un grupo de persoas con amputacións de toda Galicia, co fin primordial de apoiar, informar, asesorar, axudar e guiar a toda persoa que teña pasado por un proceso de amputación así, como as súas familias, facilitando e favorecendo, ao colectivo de persoas con amputacións, na súa plena integración, en todos os ámbitos da sociedade.

Dende a súa fundación, ata o momento, experimentou unha notable evolución tanto en iniciativas, como en prestacións, non só as súas persoas asociadas, senón, a calquera persoa con amputacións que se achega á asociación e as súas familias.

A oferta dos diferentes servizos que presta “AGAPA”, ten como obxectivo poder chegar á plena totalidade da poboación amputada dos diferentes concellos de toda Galicia, nos que desenvolve a súa labor social en beneficio de toda persoa con amputacións, alí onde queira que esta se atope.

MISIÓN:

AGAPA ten como misión contribuir ao coñecemento, estudio e investigación sobre as enfermidades que poidan derivar na amputación de extremidades, sobre as persoas con amputacións, así como promocionar e levar a cabo toda clase de accións destinadas a mellorar a situación das persoas con amputacións e/ou as súas familias.

OBXECTIVOS

Algúns dos nosos principais obxectivos son:

- Orientar ás persoas amputadas; así como as súas familias, coidadores, profesionais sanitarios e axentes sociais.

- Contribuír á axuda física, psicolóxica, social e moral de todas as persoas afectadas.

- Mellorar a calidade de vida das persoas amputadas.

- Fomentar a investigación e diculgación de técnicas que preveñan, diminúan ou mitiguen as consecuencias das amputacións.

COLABORACIÓN OU PERTENZA

Constitúese como unha entidade aberta, sen ánimo de lucro, da que poden formar parte todas as persoas que o soliciten, sempre que compartan os principios e fins de "AGAPA", na defensa da plena integración das persoas amputadas.

FORMAMOS PARTE DE

Somos membro da Federación COGAMI CORUÑA: Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da Provincia de A Coruña.

Os programas desenvolvidos por AGAPA na actualidade son os seguintes:

PROXECTO DE COHESIÓN SOCIAL

O proxecto que se presenta crease para dar un servizo de apoio a aquelas persoas que acaban de ser amputadas ou ten previsto levar a cabo unha amputación como consecuencia dunha enfermidade, e unha vez están fóra do hospital e ante a nova situación que se lles presenta non saben como actuar ante aspectos como o da tramitación do certificado de discapacidade, a tramitación dalgún tipo de incapacidade, a xestión da tramitación do permiso de conducir, a adaptación do vehículo, informar das distintas axudas directas e indirectas das distintas administracións e entidades, información sobre a xestión das prescricións de materiais ortoprotésicos ós que ten dereito, e demais aspectos cotidiáns que se poida atopar este colectivo no seu día a día.

 

INTERVENCIÓN FISIOTERAPEÚTICA

O obxectivo deste programa é o de valorar íntegramente á persoa con amputación e acompañar no proceso de adquisición de ferramentas que potencien a autonomía persoal das persoas amputadas. Entre as medidas analizadas, destacaremos:

- Como baixar do coche (canto tarda, se presenta dificultade...).

- Como camiña (se precisa axuda técnica, se se evidencia a/as amputacións, se porta bolso, indumentaria, tipo de calzado...).

- Como se desviste e vólvese a vestir (manexo dos compoñentes protésicos).

- Como se desenvolve na camilla de tratamento (se pode pasar da sedestación a estar tombado/a, dun decúbito a outro...).

- Comprensión das ordes/explicacións relativas ao tratamento, aceptación do mesmo (receptividade).

- Valoración do muñón. Exploración a cada persoa usuaria para coñecer o estado do muñón, a súa forma, trofismo, dor, etc. Con esta acción, preténdese dar indicacións personalizadas do coidado do mesmo en temas como a súa hixiene, a prevención e curación de feridas ou irritacións ou palpación e mobilización daquelas cicatrices máis adheridas.

- Valoración muscular e articular. Con indicación a cada paciente que grupos musculares precisaban tonificación e cales, maior insistencia en estiramento miofascial (así como técnicas sinxelas e factibles adaptadas a cada persoa e a cada situación).

- Aplicación de técnicas fisioterapéuticas naquelas persoas afectadas de dor e/ou malestar, xeralmente en columna dorso-lumbar e cintura escapular, dando indicacións para minimizar a reinstauración e/ou perpetuación do mesmo).

INTERVENCIÓN ORTOPROTÉSICA

- Valoracións de encaixes protésicos.

- Comprobación dos distintos encaixes protésicos á zona do corpo amputada. Servizo de asesoramento dos tipos de encaixes serían mellor para eles, e concreción de visitas posteriores para a comprobación e readaptación, se fose o caso, de novos encaixes esperando unha mellora para os pacientes.

- Valoración de encaixes de silicona (LINERS). Comprobaciónáronse os tipos de LINERS en función da amputación, a comprobación de tallajes e formas, detectando fallos na elección de materiais e tallas.

- Valoración de aliñacións protésicas, nas que se realizaron cambios en regulacións de xeonllo, cambios de compoñentes protésicos en función das necesidades das persoas usuarias.      

 

 

SEDE AGAPA:

(Casa das Asociacións, edif. CABES)

R/ Manuel María, Nº6

C.P. 15704 - Santiago de Compostela (A Coruña)


Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación